Día Mundial 2019

O sábado 14 terá lugar o acto principal coa celebración da III Andaina Solidaria. Esta iniciativa forma parte do programa O teu Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia.
 A Federación Alzhéimer Galicia pon en marcha hoxe día 4 de setembro a súa campaña polo Día Mundial do Alzhéimer, que se conmemora o vindeiro 21 de setembro. Este ano o lema está relacionado co propio Camiño de Santiago: “A memoria nos camiños”, que simboliza as lembrazas que imos acumulando o longo da nosa vida e que non queremos esquecer, servindo de reinvindicación para que algún día isto sexa posible.
 
Durante este mes de setembro as persoas interesadas poderán participar nas actividades organizadas pola Federación que teñen como obxectivos principais sensibilizar e visbilizar a labor que realiza a entidade no marco das demencias e do alzhéimer en Galicia.
 

III Andaina Solidaria

O acto principal da Federación é a Andaina Solidaria que terá lugar o sábado 14 de setembro e percorrerá as rúas de Santiago de Compostela desde o Monte do Gozo ata o Parque de Bonaval pasando pola Praza do Obradoiro. A hora de comezo é as 10h. As persoas interesadas poden inscribirse no teléfono 981 59 51 21.
 

“Alois polos  camiños”

De setembro a decembro señalizacións con forma de logo da Federación Alzhéimer Galicia “Alois” estarán expostos por diferentes etapas do Camiño de Santiago, en lugares estratéxicos preto das 15 asociacións de alzhéimer galegas. Nestes dispositivos aparece información detallada acerca das demencias na zona así como a asociación de referencia. Deste xeito quérese achegar a realidade do alzhéimer e do traballo que realiza a Federación os peregrinos e peregrinas. Na web da Federación podese coñecer a ubicación dos distintos Alois.
 

Concurso de fotografía: “A memoria nos camiños”

Unido o anterior, o concurso de fotografía consiste en facerse un selfie con algún dos “Alois”  repartidos polo camiño e subila as redes sociais cos hashtags #amemorianoscaminos #OteuXacobeo #Xacobeo2021. Haberá dúas convocatorias de concurso. Unha que remata o 20 de setembro e a segunda o 30 novembro. As bases do concurso están disponibles na web da Federación.
 
Como broche final, o vídeo de difusión da campaña deste ano amosa o valor do coidado dun xeito especial. Facendo fincapé na figura da persoa coidadora. Estará dispoñible nas diferentes redes sociais da Federación.
 
 
Todas estas actividades organizadas forman parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia.
 
Dende a Federación Alzhéimer Galicia animamos a toda a poboación en xeral a participar activamente nas actividades e na difusión das mesmas por un obxectivo común: Visibilizar a realizadade do alzhéimer. 
 
Financiamento: Xacobeo 2021
 
Período de execución: Ano 2019
 
Entidades membro que participan:

Empresas colaboradoras: