FAGAL e a Fundación Barrié poñe en marcha unha nova edición do programa Divulgamente
Neste curso a actividade desenvolverase nas localidades de Vigo, Santiago e Burela e a inscripción pódese realizar a través da web da Fundación Barrié
O proxecto de sensibilización interxeneracional, impulsado por la Fundación Barrié y la Federación Alzhéimer Galicia, que ten como obxectivo mostrar dunha maneira próxima e dinámica que son as demencias, como afectan ao cerebro e as diferentes demencias existentes, achegando aos mais novos a realidade desta doenza que afecta en Galicia a preto de 70.000 persoas.
A quen se dirixe
A estudantes de Bacharelato e de FP da rama sociosanitaria das localidades de Vigo, Santiago de Compostela e Burela.
Actividades incluídas en cada taller
1ª Charla divulgativa en formato presencial “Coñecer mellor o Alzhéimer”, impartida polo Doctor en Neurobioloxía e Investigador, Carlos Spuch quen, acompañado por unha persoa con deterioro cognitivo leve, explicará, de forma dinámica e contextualizada na actual situación sanitaria e social, que son as demencias, porque prodúcense e cal é a diferencia entre os distintos tipos de demencias, entre outros temas. Estas charlas terán lugar:
- Vigo: 9 de outubro na sede da Fundación Barrié
- Santiago de Compostela: 10 de outubro
- Burela: 17 de outubro no Auditorio da Casa da Cultura
2ª Xornada de sensibilización na aula na que profesionais da asociación de referencia na localidade, acompañados por unha persoa con deterioro cognitivo leve e unha persoa cuidadora, acoden ao centro educativo a explicar as actividades, terapias e protocolos que se realizan desde as asociacións para retrasar o avance da enfermidade e mellorar a calidade de vida das persoas con alzhéimer e as súas familias.
3ª Na última actividade, o alumnado fará unha visita a un centro de día de Alzhéimer que lles permitirá ver e coñecer un centro especializado en demencias e as actividades que se realizan no mesmo, sendo partícipes das mesmas durante a visita.
A selección dos centros educativos participantes nos talleres realizarase por orden de inscrición a través de formulario habilitado nesta páxina. No caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles, estas seleccionaranse conforme ao criterio da Federación Alzhéimer Galicia.
Prazo de preinscrición: 7 de setembro ao 7 de outubro de 2023
Datas da actividade: octubro 2023 a decembro 2023
Comunicación aos centros seleccionados: por correo electrónico
inscipcións aqui