Noticias
Ábrese o prazo de inscrición do programa Divulgamente 2024
A actividade desenvolvida grazas a colaboración da Fundación Barrié terá lugar nas localidades de A Coruña, Lugo e Cee
09/09/2024
O proxecto de sensibilización interxeneracional, impulsado por la Fundación Barrié y la Federación Alzhéimer Galicia, que ten como obxectivo mostrar dunha maneira próxima e dinámica que son as demencias, como afectan ao cerebro e as diferentes demencias existentes, achegando aos mais novos a realidade desta doenza que afecta en Galicia a preto de 70.000 persoas.
A quen se dirixe
A estudantes de Bacharelato e de FP da rama sociosanitaria das localidades de Vigo, Santiago de Compostela e Burela.
Actividades incluídas en cada taller
1ª Charla divulgativa en formato presencial “Coñecer mellor o Alzhéimer”, impartida polo Doctor en Neurobioloxía e Investigador, Carlos Spuch quen, acompañado por unha persoa con deterioro cognitivo leve, explicará, de forma dinámica e contextualizada na actual situación sanitaria e social, que son as demencias, porque prodúcense e cal é a diferencia entre os distintos tipos de demencias, entre outros temas. Estas charlas terán lugar:
- A Coruña: 8 de outubro na sede da Fundación Barrié
- Cee: 15 de outubro o Auditorio da Casa da Cultura
- Lugo: 22 de outubro no Auditorio da delegación da Xunta de Galicia
2ª Xornada de sensibilización na aula na que profesionais da asociación de referencia na localidade, acompañados por unha persoa con deterioro cognitivo leve e unha persoa cuidadora, acoden ao centro educativo a explicar as actividades, terapias e protocolos que se realizan desde as asociacións para retrasar o avance da enfermidade e mellorar a calidade de vida das persoas con alzhéimer e as súas familias.
3ª Na última actividade, o alumnado fará unha visita a un centro de día de Alzhéimer que lles permitirá ver e coñecer un centro especializado en demencias e as actividades que se realizan no mesmo, sendo partícipes das mesmas durante a visita.
A selección dos centros educativos participantes nos talleres realizarase por orden de inscrición a través de formulario habilitado nesta páxina. No caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles, estas seleccionaranse conforme ao criterio da Federación Alzhéimer Galicia.
Prazo de preinscrición: 5 de setembro ata cubrir prazas
Datas da actividade: outubro 2024 a decembro 2024
Comunicación aos centros seleccionados: por correo electrónico
inscipcións aqui
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia