Doar agora
Doar agora
Por que doar?
Na Federación Alzhéimer Galicia traballamos incansablemente para mellorar a vida das persoas con alzhéimer e das súas familias. Como entidade de referencia en Galicia e España, o noso labor foi esencial para impulsar medidas e recursos públicos, aínda que ás veces isto non é suficiente.
O custo anual dunha persoa con alzhéimer en fases avanzadas é de 20.000 €, o que impacta fortemente nas familias, levándoas ao borde da exclusión social. Ademais, a nosa área de sensibilización traballa para educar e concienciar á poboación sobre esta enfermidade e a importancia da prevención.
Necesitámosche! Coa túa doazón, podemos manter e expandir proxectos de atención a persoas con alzhéimer, apoio a familias, formación profesional, e máis. A túa axuda é crucial para continuar a nosa misión e seguir transformando vidas.
Ademais, ao doar, podes beneficiarte de deducións fiscais. Xuntos, podemos facer unha diferenza significativa!
Por que transformar o mundo faise gran a gran, DOA!