FAGAL recibe unha doazón por parte da escritora Raquel Hermida co seu libro solidario ¡Hay que andar!
A escritora fixo entrega do cheque co recaudado á Federación en Santiago de Compostela
Raquel Hermida, aproveitando o mes do alzhéimer, quixo dedicar este libro de crecimento persoal a favor das persoas con alzhéimer, é por iso que destina unha parte dos beneficios das ventas á Federación Alzhéimer Galicia.
O libro, o cal foi publicado o ano pasado, xa alcanzou a segunda edición, mostrando as claves e ferramentas para iniciar un camiño de auto descubrimento. Ademais do carácter altruísta do propio libro, a autora pertence á Asociación de escritores Solidarios Cinco Palabras, colaborando activamente en dar visibilidade a diferentes causas.