FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Empresas Solidarias co Alzhéimer

Desde - Hasta: - Actualmente

A construción dunha sociedade comprometida coas demencias precisa a colaboración de todas e todos: mulleres e homes de a pé, as administacións públicas -dende a autonómica ós concellos- dos colexios, institutos e universidades e tamén do tecido empresarial.
 
O Selo Empresa Solidaria é un recoñecemento que entrega a Federación alzhéimer Galicia a aquelas empresas que mostran unha especial sensibilidade coas demencias neurodexenerativas e coas persoas maiores.
 
Como se acada o selo de Empresa Solidaria co Alzhéimer?
Aquelas empresas que nos axudan a potenciar proxectos de prevención, atención, formación ou sensibilización das demencias neurodexenerativas.
 
A canalización da Responsabilidade Social do tecido empresarial é unha boa mostra de construcción social e de traballo en rede.
 
 
 
 
 
 
 
 
xa se sumaron ó noso proxecto, podedes poñervos en contacto con nós no correo fagal@fagal.org ou no teléfono 981 59 51 21
 
 
Porque só coa colaboración de todas e todos conseguiremos que as persoas con unha demencia neurodexenerativa sigan sendo persoas activas e participantes de unha sociedade integradora