FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFAPO realiza unha visita virtual á Biofábrica de Ence en Pontevedra como entidade beneficiaria do Plan Social Ence

A asociación leva a cabo tres talleres de prevención do deterioro cognitivo grazas á colaboración da multinacional pontevedresa.

15/02/2021 | PONTEVEDRA

A principios do mes de febreiro Afapo asistiu a unha reunión virtual á Biofábrica de Ence en Pontevedra. Durante a visita as persoas traballadoras da fábrica explicáronlle ao persoal da asociación o proceso da pasta de papel  e mostráronlle todas as instalacións coas que conta a multinacional, nunha reunión que, por mor da pandemia, tivo que realizarse de xeito telemático.

Este é o terceiro ano consecutivo no que Ence colabora coa Asociación de familiares de persoas con alzhéimer de Pontevedra a través da súa acción de Responsabilidade Social Corporativa. Baixo o nome ‘Plan Social Ence’, a empresa quere comprometerse coa sociedade pontevedresa a través de 6 áreas de actuación con un orzamento anual de 3 millóns de euros desde 2017.

Grazas a esta iniciativa Afapo desenvolve tres talleres de prevención do deterioro cognitivo en Marín, Poio e Pontevedra.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAPO