FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Expertos no campo das demencias déronse cita no 'Encontro Alzhéimer HOXE'

O Encontro foi inaugurado por Dna. Fabiola García Martínez, Conselleira de Política Social e D. Xosé Antonio Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela.

 

13/09/2021 | Santiago de Compostela

Diferentes expertos no campo das demencias déronse cita no Encontro de Expertos: Alzhéimer HOXE, organizado pola Federación Alzhéimer Galicia con motivo do Día Mundial do Alzhéimer.

Silvia Suárez Luque, subdirectora Xeral de Fomento de Hábitos de Vida Saúdable, falou da importancia da promoción dos hábitos de estilo saúdable ao longo de toda a nosa vida, culminando co micro documental “A receita galega para o envellecemento activo”. Pola súa banda, David Facal, psicólogo e director do máster en psicoxerontoloxía da USC, amosou conceptos como a reserva cognitiva, fundamental para o proceso de envellecemento. Carlos Spuch, neurobiólogo e investigador senior, presentou os retos da ciencia e a necesidade investir recursos nela como vía para avanzar no tratamento do azhéimer. Jose Manuel Aldrey, neurólogo no CHUS centrou a súa intervención na resposta asisitencial, na primeria toma de contacto da familia coa enfermidade. Por último, Isabel Gey, presidenta da Federación Alzhéimer Galicia, incidiu na importancia de coordinación entre os piares fundamentais na atención as demencias: o movemento asociativo, a atención primaria e a coordinación cos concellos.

O encontro estivo moderado pola xornalista e experta en comunicación oral Isabel Pichel.

O evento contou coa asistencia e inauguración de Dna. Fabiola García Martínez, Conselleira de Política Social e D. Xose Antonio Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela. Ademáis estiveron presentes Fernando González Abeijón, Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade,  a Concelleira de Políticas Sociais do Concello de Santiago de Compostela e presidencias e representación das entidades do Terceiro Sector.

Todos os presentes coincidiron en que atención as demencias é algo que abordar desde o punto de vista da prevención, con equipos interdisciplinares e con coordinación e comunicación continuada entre as administración e o movemento asociativo.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia