Noticias
A Federación Alzhéimer Galicia organiza un encontro sobre a atención integral e especializada en demencias
O encontro terá lugar o sábado 29 de xaneiro na Biblioteca X. Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia
13/01/2022 | Santiago de Compostela
No marco da formación 2022 a Federación Alzhéimer Galicia organiza un Encontro no que se pondran en valor as Unidades Terapéuticas para que estas sexan recoñecidas desde a perspectiva sanitaria como un servizo de atención integral e especializada en demencias. Un recurso de gran valor no referente á prevención e o diagnóstico precoz.
Tras o éxito acadado no primeiro encontro de expertos celebrado en setembro de 2021, a Federación quere extender estes encontros a diferentes edicións ó longo do tempo.
O obxectivo destas xornadas é propiciar un debate sobre un tema de actualidade relacionado coas demencias e fomentar o intercambio de ideas dos diferentes profesionais que traballan cara a cara co alzhéimer. Deste xeito conséguese crear unha rede de atención cohesionada e forte cun obxectivo común: mellorar a atención e a calidade de vida das persoas con demencias e as súas familias.
Nesta ocasión o Encontro reunirá a profesionais da rama da psicoloxía, neuroloxía e atención primaria de todo o territorio nacional.
-
Enrique Arrieta Antón:
médico de atención primaria en Segovia, membro de SEMERGEN (Sociedad Española de Médicos de Atención Primaria) - María José Moreno Carretero: Neuróloga do Hospital Universitario de Vigo (CHUVI)
- Roberto Suárez Canal: Psicólogo. Director Centro Residencial "Dolores Castañeda"- AFA VITAE. Coordinador Federación Provincial Alzheimer de Cádiz
Ademais estarán acompañados pola presidenta da Federación Alzhéimer Galicia, Isabel Gey.
Unha vez máis contamos coa colaboración especial da recoñecida xornalista e experta en comunicación oral, Isabel Pichel, quen será a encargada de dinamizar e moderar as intervencións dos expertos.
O encontro é de balde e está destinado a profesionais, familias e público en xeral interesado na temática.
Seguindo protocolo COVID solicitarse certificado de vacinación, farase control de temperatura e recomendarase o uso de máscara FFP2.
Podedes consultar o programa aquí ou en 'materiais relacionados'
NOME: Encontro Alzhéimer HOXE: Atención integral e especializada en demencias.
DÍA: Sábado 29 de xaneiro de 10:30 a 12:30h
LUGAR: Auditorio Xosé Neira Vilas da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia.
INSCRICIÓN: A través do correo comunicacion@fagal.org ou no teléfono 981 595 121
Arquivada en:
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia