FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

As claves do éxito do Encontro Gastronómico 'Recetas para el Recuerdo'

O venres pasado os fogóns do Mercado de Abastos de Santiago foron cómplices dunha xornada para o recordo.

 

05/10/2022 | Santiago de Compostela

O venres pasado os fogóns do Mercado de Abastos de Santiago foron cómplices dunha xornada para o recordo.

Alí xuntáronse Pura e Carmen, dúas mulleres con principio de demencia da asociación Agadea, con Lucía Freitas e Jaime Berros (de Casa Solla) cociñeiros recoñecidos e con Estrella Michelin nas súas costas.

E por que foi un éxito este encontro? porque entre fogóns:  

  • Mesturouse sabor, memoria, experiencia e tradición
  • Compartiron tempo, experiencias e maneiras de facer dúas xeracións plasmando que o de sempre nunca pasa de moda e que, se somos capaces de velo e preservalo, convértese en cultura e tradición.
  • Déuselle espazo e protagonismo as mulleres e en concreto demostrouse que unha persoa maior e con principio de demencia aínda ten moito que compartir
  • Deuse valor o produto local e de proximidade.

Ás 11h da mañá, xa co mandil posto co lema “…e lémbrate do alzhéimer”, Carmen, Pura, Lucía e Jaime percorreron o mercado de Santiago en busca dos ingredientes para poñerse mans obra na elaboración dun menú moi á galega: Fabas con ameixas, empanada de raxo e filloas recheas de nata.

Mentres cociñaban interactuaban co público asistente e cos medios de comunicación. En resumo, ese día as únicas estrelas foron elas que tiveron que atender á prensa, radio e televisión, pero que o fixeron como si o levaran facendo toda a vida.

Desde Radio Galega, La Cope, La Ser, El Correo Gallego e La Voz de Galicia ata os Informativos de Telecinco fixéronse eco e quixeron dar visibilidade a este proxecto.

Tan boa acollida tivo que durante a emisión dos informativos do mediodía e noite a venda de libros online disparouse ata conseguir 60 libros vendidos nun só día.

Ademais tamén estiveron acompañándonos Don Xosé Antonio Sánchez Bugallo, Alcalde de Santiago de Compostela, Arturo Parrado Puentes, Director xeral de Inclusión, Alfonso Alonso Fachado, Subdirector Xeral de Xestión Asistencial e Innovación da Xunta de Galicia, os representantes das Bodegas Méndez Rojo e diferentes Directivos das asociacións galegas de alzhéimer.

Desde a Federación Alzhéimer Galicia agradecemos a todas as persoas, empresas e organizacións que apoiaron este proxecto como son: A Xunta de Galicia, Concello de Santiago de Compostela, Lucía Freitas coa A Tafona, Pepe Solla co Restaurante Solla, Azafranes Pote, Mercado de Abastos, Bodegas Méndez Rojo e  Hijos de Rivera e a Agadea.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia