Outras enfermidades que provocan demencia
Enfermidade de Parkinson:
A demencia asociada a enfermidade de Parkinson é un deterioro no pensamento e nas funcións de razoamento de persoas que foron diagnosticadas coa enfermidade de Parkinson. Na actualidade as persoas afectadas oscilan entre o 24 e o 31% do total das persoas diagnosticadas de Parkinson (Aarsland, Zaccai, & Brayne, 2005).
Para que esta sexa diagnosticada como tal os síntomas de demencia deben aparecer despois dun ano e ata cinco anos despois do diagnóstico da enfermidade. A diferenza da demencia por Alzhéimer, a demencia por enfermidade de Parkinson predomina o deterioro da atención, das habilidades para procesar a información visual e as funcións executivas, e dicir, dificultades para regular comportamento e establecer un plan para o día a día.
Creutzfeld-Jacob:
É un trastorno cerebral hereditario e dexenerativo pouco común. Os síntomas soen comezar o redor dos 60 anos de idade. Os máis comúns son demencia, cambios na conduta, problema coa vista e mala coordinación muscular. Ademais pode presentar rixidez e tremores.
Demencias por infeccións:
- Complexo demencias-SIDA
- Encefalopatía progresiva
- Criptococose
- Neurolúes
- Encefalite herpética
- Enfermidade de Lyme