FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Afalu rende homenaxe ao persoal sanitario coa súa celebración de Entroido

Disfrazados de persoal sanitario as persoas usuarias de Afalu disfrutaron dun Entroido por todo o alto

24/02/2021 | Lugo

É sabido que o Entroido é unha das festividades que máis se viven en Galicia e este ano, por mor da pandemia, houbo que adaptarse a situación pero iso non impediu as persoas usuarias de Afalu festexalo por todo alto.
 
Despois dunha semana de intenso traballo no que as pesoas usuarias colaboraron na elaboración dos disfraces, o luns comezaron ben cedo a preparar a masa para as orellas para poder degustalas na merenda. Agregando con moito mimo cada ingredente, amasando e deixando reposar o tempo necesario para preparar un dos postres máis típicos destas festas.
 
Pola tarde, todo preparado para a festa e o baile e para disfrutar dun ambiente festivo porque, pese a pandemia e as restriccións e sempre cumprindo coas medidas de seguridade, non hai que esquecer a importancia da socialización e da risa para o benestar emocional das persoas e especial das persoas con demencia.
 
Ademais este ano, Afalu quixo rendir homenaxe cos seus disfraces a un colectivo que tivo e ten un gran protagonismo nestes momentos tan difíciles que estamos a vivir: o personal sociosanitario, pola súa labor e esforzo durante a pandemia. Deste xeito, esta foi a temática para os disfraces que luciron así de ben profesionais e persoas usuarias.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFALU