FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

FAGAL acode ao ao acto de Vegalsa-Eroski coas entidades beneficiarias do seu programa Céntimo Solidario

Desde a súa posta en marcha en 2020, o programa recadou a través das iniciativas vinculadas a este programa 690.000 euros
 

28/02/2024 | Nigrán

A compañía reuniu hoxe no Hipermercado Eroski de Nigrán a representantes das entidades e proxectos cos que colaborou en 2023 para facer balance dos resultados do seu programa solidario. Desde a compañía lembran o compromiso de Vegalsa-Eroski por permanecer preto das organizacións que contribúen cos seus programas para axudar aos que máis o necesitan, facéndolles chegar recursos que permitan dar resposta á solicitude constante de axuda que reciben.
 
A través do programa conxunto Céntimos Solidarios, os clientes poden decidir engadir cada mes uns céntimos ao seu billete da compra, que se destinarán á causa social activa nese momento. A achega, sempre voluntaria e confidencial, é unha pequena cantidade simbólica de 10 céntimos para compras entre 5 e 30 euros, e de 20 céntimos para compras superiores a 30 euros.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia