Noticias 

Éxito na proxección do filme Arrugas en Silleda con AFAPO

Este evento reuniu a máis de cen asistentes e contou cunha rolda de preguntas na que se trataron diversos temas

10/02/2020 | Silleda

O pasado xoves, 6 de febreiro, AFAPO desprazáronse ao Concello de Silleda para proxectar a película Arrugas no Salón da Casa da Cultura. O evento, no que colaborou o Colexio Inmaculada de Silleda, Cogami e a Residencia e Centro de día de Silleda, resultou un éxito: houbo máis de cen asistentes. O rematar o filme, tamén se levou a cabo un coloquio no que se levaron a cabo preguntas de todo tipo.

Pola tarde, AFAPO tamén estivo na clausura do Curso de Formación para coidadores e coidadoras de persoas con alzhéimer e outras demencias. Neste caso, encargáronse de entregar os diplomas correspondentes a cada un dos participantes na actividade.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAPO