FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFACO rinde homenaxe ás mulleres usuarias do Centro de Día Petunias a través dunha exposición

O pasado 8 de marzo tivo lugar a exposición 'Mulleres feitas de historia' nas instalacións do Centro de Día Petunias

29/03/2021 | A Coruña

Con motivo do Día Internacional da Muller, AFACO rende homenaxe as súas mulleres a través dunha exposición fotográfica que tivo lugar o pasado 8 de marzo.

Durante a xornada do 8 de marzo as paredes do Centro de Día Petunias lucían con imaxes das mulleres usuarias da asociación acompañadas dun texto onde se contaban as súas historias de vida. Todas elas mulleres cheas de historia que nos abriron camiño co seu esforzo e traballo.

O obxectivo da exposición foi poñer en valor as súas historias, por todo o que achegaron e construíron na vida e que agora, pola súa situación actual (muller, maior, con algunha enfermidade neurodexenerativa e/ou discapacidade), ven discriminadas e esquecidas pola sociedade.

Esta mostra é unha forma de rinderles homenaxe e visibilizar que aínda teñen moito que achegar.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFACO