FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

FAGAL ENTIDADE PIONEIRA EN FACILITAR O ACCESO Á XUSTIZA ÁS PERSOAS CON DEMENCIA

O avogado Iván Rarís interveu no proceso xudicial velando polo benestar da persoa con demencia facilitando un acceso xusto e equilibrado.

11/07/2022 | Santiago de Compostela

A semana pasada a Federación Alzheimer Galicia interveu como facilitadora nun proceso de provisión de medidas de apoio a persoas con discapacidade o que supón unha intervención pioneira neste ámbito en Galicia. Isto levou a cabo tras a solicitude formulada a esta organización por parte de D. Roberto José Soto Sola, Xuíz do Xulgado de Primeira Instancia nº6 de Santiago de Compostela.
 
A figura do facilitador foi introducida en setembro de 2021 pola Lei 8/2021, de 2 xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica e recoñece que nos procesos que participen persoas con discapacidade débense realizar as adaptacións e axustes que sexan necesarios para garantir a súa participación. Entre os devanditos axustes recoñece a figura do profesional experto facilitador.
 
O facilitador explica á persoa con discapacidade en que consiste o procedemento xudicial, con quen se vai a atopar durante a celebración da vista, como ten que actuar e cales son os seus dereitos.
 
Así pois, o avogado Iván Rarís interveu neste proceso xudicial velando polo benestar dunha persoa con demencia facilitando, por tanto, un acceso xusto e equilibrado durante o transcurso do mesmo.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia