FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

FAGAL imparte unha charla sobre o papel das asociacións na saúde mental de persoas maiores

A presentación foi realizada por Juan Carlos Rodríguez e Isabel Gey Pérez, presidente e vicepresidenta de FAGAL, e dirixíase a un grupo reducido do alumnado do Grao de Medicina da USC

04/05/2020 | Santiago de Compostela

Juan Carlos Rodríguez Bernárdeze Isabel Gey Pérez, presidente e vicepresidenta respectivamente da Federación Alzhéimer Galicia, impartiron unha charla ao alumnado da asignatura Psiquiatría Xeriátrica do Grao de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. A presentación retransmitiuse a través da aplicación ‘Zoom’ e durou aproximadamente 50 minutos.

Baixo o título “O papel das Asociacións de Autoaxuda e de Coidadores en Saúde Mental (a perspectiva de FAGAL)”, esta charla buscaba que xs futurxs médicos coñezan e valoren a importancia de colaborar coas organizacións que forman parte do ámbito da asistencia ós problemas de saúde mental que poidan presentar as persoas maiores ou con demencia.

 

Arquivada en: