Noticias
A Federación Alzhéimer Galicia estivo presente na Comisión Parlamentaria de Reactivación Económica a través de EAPN Galicia e CERMI Galicia
Eloina Ingerto, presidenta de EAPN Galicia, e Iker Sertucha, presidente de CERMI Galicia no momento da intervención, participaron na Comisión de Reactivación Económica, Social e Cultural no Parlamento de Galicia para formular diferentes demandas
30/11/2020
O pasado 17 de novembro, EAPN Galicia e CERMI Galicia, entidades ás cales pertenece a Federación Alzhéimer Galicia, participaron na Comisión de Reactivación Económica, Social e Cultural no Parlamento de Galicia, poñendo sobre a mesa temas como a necesidade de garantir vivendas dignas e de asegurar necesidades básicas, como o acceso e a participación en todos os servizos sociosanitarios, para as persoas con discapacidade.
Eloina Ingerto, presidenta de EAPN Galicia, foi a encargada de transmitir a mensaxe que reclaman as 130 organizacións sociais membro da Rede dende que comezou a crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, cando se agravou aínda máis a situación na que se atopaban as persoas máis afectadas (entre elas mulleres, nenos e nenas, persoas con discapacidade, maiores ou con dependencia e aquelas que sofren violencia machista, entre outras).
O seu discurso comezou recalcando que un total de 655.000 persoas, o 24’3% da poboación galega, se atopaba en risco de pobreza ou exclusión social no ano 2019. A partires de aí, xirou en torno a necesidade de garantir o dereito a unha vivienda digna e accesible, por en marcha un sistema de garantía de ingresos e asegurar un emprego digno e inclusivo, tendo todos eles o obxectivo final da erradicación da pobreza e a exclusión social.
Ademais, tamén incidiu na consecuencias da pandemia sobre as familias dos labores de coidado de persoas maiores, especialmente aquelas que son dependentes: normalmente as familias coidadoras sofren sobrecarga emocional, psicolóxica e económica, pero todas estas condición se viron agravadas dende o pasado mes de marzo.
Por iso, é preciso apoio específico da Comunidade Autónoma e que se recoñeza o valor terapéutico dos servizos de atención diurna, promovendo a atención en docimilio e reorientando o modelo residencial cara ás persoas. Tamén se reclamou a posta en marcha o Plan galego de loita contra a soidade non desexada, un problema que se viu agravado durante a pandemia.
Pola súa parte, Iker Sertucha, presidente de CERMI Galicia no momento da intervención no Parlamento de Galicia, fixo fincapé na necesidade de que se garantice o dereito das persoas con discapacidade ao acceso e participación en todos os servizos sociosanitarios, prestando especial atención ás características e necesidades específicas para a adaptación de protocolos da prestación de servizos e/o na tramitación de procedementos administrativos con motivo da situación provocada pola COVID-19.
Dentro das reivindicacións formuladas, o obxectivo principal é o de restablecer os servizos de atención ás persoas con discapacidade de xeito “paulatino, gradual e seguro”, poñendo en valor os seus dereitos e a necesidade de crear, agora máis que nunca, unha sociedade plenamente inclusiva.
Arquivada en: