
A través deste programa a Federación Alzhéimer Galicia asesora e apoia ás entidades membro na elaboración dos programas a cargo do IRPF. A subvención con cargo ao IRPF fai posible que os servizos e programas poidan manterse para dar a mellor atención ás persoas con demencia e as súas familias.
PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARACTER SOCIAL CON CARGO O IRPF
- Programa de atención sociosanitaria en centros de día
- Programa de apoio a familiares e persoas coidadoras de persoas con demencia
- Programa de utilización de tecnoloxías, produtos de apoio ou servizos que faciliten a autonomía persoal (Axudas Técnicas)
- Programa de promoción da autonomía persoal, envellecemento activo e prevención da dependencia
- Programa de atención dirixido a persoas maiores con deterioración cognitiva ou dependentes
- Programa de formación e promoción do voluntariado
- Programa de promoción do emprego das TIC entre as persoas maiores
- Programa de promoción de redes sociais e outras actuacións de apoio e acompañamento
- Centros de día
- Apoio e formación a familiares
- Asesoramento e prestamo de axudas técnicas
- Talleres de envellecemento activo
- Talleres de prevención da deterioración cognitiva
- Formación e promoción do voluntariado
- Talleres de novas tecnoloxías
- Talleres de promoción das redes sociais.
Financiamento: Consellería de Política Social
Periodo de execución: Ano 2019
Entidades que participan e levan cabo este programa:
- Provincia de A Coruña: AFABER, AFACO, AFAL-FERROLTERRA, AGADEA
- Provinca de Lugo: AFALU, AFAMON, AFACHANTADA, AFAVIVEIRO
- Provincia de Ourense: AFAOR
- Provincia de Pontevedra: AFAPO, AFAGA, AFAMO, AFASAL
PROXECTO DE INVESTIMENTO E ADECUACIÓN DE CENTROS E UNIDADES DE ATENCIÓN DESTINADOS A PERSOAS MAIORES OU CON DISCAPACIDADE
Co obxectivo de fortalecer ás asociacións membro e o seu ámbito de actuación e intervención, diversas entidades federadas están a levar a cabo proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades destinadas a persoas maiores específicas de alzhéimer e outras demencias nas que levan a cabo, entre outros servizos, a adquisición de vehículos adaptados que permitan o transporte dos usuarios aos centros vinculados, a adquisición de equipamento e acondicionamento dos centros dirixidos a mellorar o benestar das persoas usuarias para favorecer as actividades da vida diaria a través de material de psicomotricidade, de estimulación cognitiva.. Con este programa, as asociacións beneficiarias tamén adquiren material necesario para a xestión dos centros, o que permiten un maior control sobre todas as accións que se realizan de maneira diaria cos usuarios (valoracións, seguimentos, avaliacións...)
Financiamento: Consellería de Política Social
Periodo de execución: Ano 2019
Entidades que participan e levan a cabo este programa:
- Provincia de A Coruña: AFABER, AFAL-FERROLTERRA, AGADEA
- Provinca de Lugo: AFALU
- Provincia de Ourense: AFAOR