FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

FAGAL levou a cabo un curso de formación sobre o COVID-19 e as medidas de seguridade para o traballo con persoas maiores

A formación foi impartida por Marta Cao Cancelas, enfermeira de AFAMO, e asistiron máis de 150 persoas traballadoras da Federación e das asociación

28/05/2020 | Galicia

Durante a xornada do 28 de maio, a Federación Alzhéimer Galicia levou a cabo o curso de formación “Medidas de seguridade para o traballo con persoas maiores durante o COVID-19”, centrado na enfermidade e nas medidas de seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias á hora de traballar con persoas nos seus domicilios.

Esta xornada formativa xurdíu a raíz da necesidade de coñecer os recursos dispoñibles á hora de traballar coas persoas maiores de xeito seguro nos seus domicilios debido a crise sanitaria actual ocasionada polo COVID-19, e así poder seguir brindando unha atención de calidade ás persoas usuarias das asociación galegas de alzhéimer.

O curso, gratuito para o persoal das quince asociación pertencentes á Federación Alzhéimer Galicia, foi impartido por Marta Cao Cancelas, enfermeira de AFAMO, quen explicou de forma clara e amena todas as recomendacións sanitarias en relación ó coronavirus e incidiu na colocación e retirada dos EPIS para dfacer un bo uso dos mesmos e protexer as persoas con alzhéimer coas que traballamos. Ademais, na formación tratáronse os seguintes puntos:

  • Presentación por parte de Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, presidente de FAGAL.
  • Introducción e presentación do COVID-19 e as súas principais características e síntomas.
  • Como protexerse do COVID-19?
  • Consellos para as persoas coidadoras. Neste apartado amosouse que recursos se deben empregar á hora de traballar con persoas maiores e os pasos que debemos seguir para o seu correcto uso.
  • Como debo actuar se presento síntomas?
  • Como debo actuar se estiven en contacto con alguén con COVID-19?
  • Consellos á hora de chegar a casa.
  • Turno de preguntas.

O curso, que se celebrou a través da aplicación ‘Zoom’, contou coa asistencia de máis de 150 persoas traballadoras tanto da Federación Alzhéimer Galicia como das súas quince asociacións.

Dende FAGAL queremos agradecer o traballo de Marta Cao e a gran acollida da formación por parte do equipo profesional das asociacións participantes.

 

Arquivada en: