FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

A Federación Alzhéimer Galicia muda os cargos da súa Xunta Directiva nunha Asamblea Xeral Ordinaria

Isabel Gey Pérez recolle o testigo da Presidencia de FAGAL de Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, mentres que Francisco Pantín Castro e Iria Franco Pena ocuparán os cargos de Vicepresidencia

30/10/2020

Durante a xornada do 29 de outubro tivo lugar unha Asamblea Xeral Ordinaria da Federación Alzhéimer Galicia na que se levou a cabo a aprobación dunha nova Xunta Directiva. 

Tal e como se decidiu na asemblea, despois de doce anos, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez pasoulle o testigo da Presidencia de FAGAL a Isabel Gey Pérez. Por outra banda, o cargo de Vicepresidencia 1ª estará ocupado por Francisco Pantín Castro, de AFAL Ferrolterra, que sustituirá a Mª Carmen Martínez Pulleiro, mentras que o de Vicepresidencia 2ª será para Iria Franco Pena, de AFALU, que sustituirá deste xeito a Mª Isabel Gey Pérez. 

O resto da Xunta Directiva queda conformada da seguinte maneira:

  • Sara Ruíz Salgado, de AFAOR, ocupará o posto de Secretaría no lugar de Manuel Fontenla Redondo. 
  • Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, de AFAGA, ocupará o posto de Tesorería no lugar de Fina Cancelas Pérez.
  • Enrique Rojo Rojo, de AFA Chantada, ocupará o posto de Vogalía 1ª no lugar de Mª Carmen Pena Ledo.
  • José Marcos Rodal Souto, de AFASAL, ocupará o posto de Vogalía 2ª no lugar de Sara Ruíz Salgado. 

Ademais, na asamblea tamén se aprobaron os documentos habituais da Federación Alzhéimer Galicia. 

 

 

Arquivada en: