FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

FAGAL reactiva o programa presencial de Rede Paraugas, dirixido a coidadoras de persoas cunha demencia neurodexenerativa

Este programa, financiado pola Fundación Barrié, busca traballar na atención das familias coidadoras nas localidades sen recursos específicos en materia de demencias

30/06/2020

A Federación Alzhéimer Galicia retomou este mes de xuño a actividade presencial do programa Red Paraugas, que quedara en suspenso debido á crise sanitaria producida pola crise sanitaria do COVID-19.

Durante o tempo que durou o confinamento, as asociacións seguiron facendo seguimento das persoas usuarias mediante chamadas telefónicas e uso de medios telemáticos, suspendendo os encontros grupais. Non obstante, as demandas das persoas coidadoras e a autorización para poder quedar en grupo en espazos abertos mantendo a distancia social recomendada promoveu que algúns grupos empezaran a reactivarse.

O desgaste das familias de persoas cunha demencia neurodexenerativa durante o tempo de confinamento foi moi elevado, requirindo cada vez máis axuda persoal e pautas para a atención ás persoas enfermas que, en ausencia de estimulación e atención profesional, tamén acusaron un empeoramento da súa situación.

A actual edición do Programa Red Paraugas, financiado pola Fundación Barrié, busca traballar na atención das familias coidadoras nas localidades sen recursos específicos en materia de demencias. Esta iniciativa consta de dúas partes: 

  1. A primeira delas centrábase na análise das necesidades de cada grupo a partires da avaliación, asesoramento e información, buscando descubrir os coñecementos dos participantes en materia de autocoidados, recursos sociais ou estimulación no fogar, entre outros. Esta fase, que era de carácter grupal, constaba de seis horas, sendo dúas para cada especialidade: psicoloxía, traballo social e terapia ocupacional. 
  2. A segunda fase centrábase nun acompañamento mensual do grupo de persoas coidadoras para resolver dúbidas, fomentar o debate e buscar solucións axeitadas dependendo das experiencias e da situación de cada participante. 

Arquivada en: