A Federación Alzhéimer Galicia acudiu ó X Congreso Nacional de Alzhéimer -CEAFA
O Congreso tivo lugar en Xixón do 8 ó 11 de novembro e acudiron 21 persoas da Federación
O congreso, organizado pola Confederación Española de Alzhéimer á que pertence FAGAL, tivo lugar baixo o lema INTEGRANDO A INNOVACIÓN contou cun programa eminentemente asociativo e social. As asociacións de Familiares de persoas cunha demencia neurodexenerativa de Galicia participaron no congreso con tres relatorios e un póster.
A primeira das achegas correspondeu a D. Gonzalo Soliño Martínez, psicólogo de AFAGA que participou baixo o título O posicionamento das AFAs como espazos colaborativos de investigación participou na mesa do PAPEL DAS AFAS NA INVESTIGACIÓN.
Así mesmo, D Iván Rarís Filgueira, director xurídico de AFAGA, expuxo unha valoración da lei 8/2021 dous anos despois na mesa de LEXISLACIÓN E DEREITO EN DEMENCIAS
O último dos relatorios foi a presentación da Plataforma de datos Augusta, que fixeron Dona Lucía Ruanova Domínguez e D. Javier Hermida Porto -traballadoras sociais da oficina técnica da federación- na mesa titulada COÑECENDO A VERDADEIRA DIMENSIÓN DO ALZHÉIMER
AFACO parcipou con póster Pedalear e conversar defendido por Dona Elena Viqueira e D. Dámaso Calvo.
A Federación Alzhéimer Galicia fomenta a asistencia de profesionais e directivos das AFAS ó promover bolsas de axuda para a inscrición ó congreso e promover a presentación de relatorios no seu programa. Así este ano contou coa participación de 21 persoas de 5 asociacións: AFACO, AFAGA, AFAPO, AFA Viveiro e AGADEA ademais da propia oficina técnica e a presidencia da Federación.
Aproveitando a celebración do seu 25 aniversario a Federación decidiu aumentar a súa participación o montar por primeira vez o seu propio stand no que se mostraron os traballos desenvolvidos polos diferentes grupos de traballo profesionais (psicoloxía, terapia ocupacional, traballo social, fisioterapia e auxiliares) así como materiais das súas campañas de sensibilización e venta de libros de RECETAS PARA EL RECUERDO de Azafranes Pote.
No mesmo espazo animábase ás persoas que se achegaban a compartir recordos para encher os espazos en branco do stand e que contou cunha nutrida participación.