Noticias
O pasado venres 9 de agosto, FAGAL recibiu de Applus a certificación UNE-EN-ISO 9001 do seu Sistema de Xestión da Calidade
Esta certificación do Sistema de Xestión forma parte do proceso de modernización e mellora continua dos servizos que presta a Federación.
Esta certificación do Sistema de Xestión forma parte do proceso de modernización e mellora continua dos servizos que presta a Federación.
10/08/2024
O obxectivo desta certificación é respostar de maneira eficaz e eficiente ás necesidades das Asociacións de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas na súa labor de atención ás persoas enfermas e ás súas familias.
O Sistema de Xestión da Calidade de FAGAL contribuirá a mellorar a gobernanza e administración da Federación, acreditando ante as administracións públicas, financiadores privados e sociedade en xeral un modelo de intervención social que aúne a defensa de valores solidarios e de responsabilidade con unha xestión profesionalizada, transparente e de calidade.
O noso compromiso con servizos de calidade representa a maneira da que se dota FAGAL para facer posible a súa misión e acadar os fins sinalados nos seus estatutos. Presentamos e divulgamos estes compromisos ante a sociedade para sernos a organización de referencia na defensa dos dereitos das persoas afectadas pola enfermidade de Alzhéimer ou outras demencias eurodexenerativas e as súas familias a través do apoio ás AFAS federadas.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia