FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Base de datos "Augusta"

En honra á muller que doou o seu cerebro para o seu estudo e descubrimento do que hoxe coñecemos enfermidade de Alzhéimer, chamamos así á base de datos que desde a Federación Alzhéimer Galicia está a desenvolverse para a elaboración dun rexistro real de persoas con alzhéimer e coidadoras.

Desde - Hasta: - Actualmente

Co fin de ofrecer unha mellor atención e intervención no noso territorio de acción e debido á falta dun rexistro que documente o censo de persoas con algunha demencia neurodexenerativa en Galicia, desde a Federación Alzhéimer Galicia estase levando a cabo a creación dunha plataforma de datos "Plataforma Augusta" que permita recoller, desde as distintas asociacións federadas, información acerca do perfil das persoas con demencia e dos seus familiares. Grazas á obtención destes datos, por primeira vez en Galicia realizaranse informes nos que se coñecerán o número de persoas atendidas, desagregados por sexo, idade, lugar de residencia, estado civil, tipo de demencia máis habitual, servizos dos que se benefician, perfil das persoas coidadoras...

Financiamento: Fundación José Otero-Carmela Martínez e Caixabank

Periodo de execución: Ano 2019