FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

A Federación Alzhéimer Galicia participou no 29 Congreso Europeo de Alzhéimer en Holanda

A entidade presentou un poster sobre os centros de día da Rede Pública especializados na atención ao alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas de Galicia.

31/10/2019 | La Haya

Do 23 ao 25 de outubro celebrouse o 29 Congreso Europeo de Alzhéimer. Nesta ocasión Holanda foi o país que acolleu este foro de debate e intercambio de estratexias para impulsar e mellorar a asistencia integral sociosanitaria en todas as nacións europeas tanto das persoas con alzhéimer como das súas familias, co obxectivo último de conseguir que a prevención de todo tipo de demencias e os tratamentos sexan un obxectivo prioritario nos Plans de Salúd Publica en toda Europa.

Con tal motivo a Federación Alzhéimer Galicia quixo estar presente non só pola importancia que teñen este tipo de eventos para dar a coñecer o labor da entidade, senón tamén para coñecer de primeira man as liñas de actuación e as estratexias que se expoñen a nivel europeo na atención e investigación en demencias.

Ademais FAGAL participou activamente coa presentación da man do presidente, Juan Carlos Rodríguez, dun poster titulado ' PUBLIC NETWORK OF DAY CENTERS SPECIALIZED IN ALZHEIMER' S AND OTHER NEURODEGENERATIVE DEMENTIAS' (Rede Pública de centros de día especializados en alzhéimer e outras demencias neurodegenerativas)

Arquivada en: