Programa de coordinación e comunicación coas AFAs

Co fin de dar cumprimento aos obxectivos e liñas de actuación da Federación Alzhéimer Galicia, desde esta entidade desenvólvense diversas actividades encamiñadas ao mantemento e fortalecemento da súa estrutura federativa.
Desde - Hasta: - Actualmente
Entre elas:
- Coordinación de diferentes programas das asociacións membro.
- Elaboración de proxectos comúns
- Deseño de material de información e difusión así como guías especializadas en demencia neurodexenerativa nas que participan persoas traballadoras profesionais dos diferentes sectores da rama sociosanitaria
Estas accións levan a cabo mediante reunións formativas presenciais, teléfonicas e videoconferencias. Nas asembleas de socios e xuntas directivas ademais de tratar os temas competentes en materia de contas e aprobación das memorias de actividades se aúnan criterios e metodoloxía de traballo das distintas áreas profesionais que actúan no coidado das persoas con demencia e dos seus familiares, co fin de proporcionar unha mellor calidade de vida.
Financiamento: Consellería de Sanidade
Periodo de execución: Ano 2019
Entidades que levan a cabo este programa:
- Provincia de A Coruña: AFABER, AFACO, AFAL-FERROLTERRA, AGADEA
- Provinca de Lugo: AFALU, AFAMON, AFACHANTADA, AFAVIVEIRO
- Provincia de Ourense: AFAOR
- Provincia de Pontevedra: AFAPO, AFAGA, AFAMO, AFASAL