FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

A V Gala Non te esquezas de rir, organizada por AFAGA, reuniu a máis de 400 persoas en Vigo

Os fondos recaudados na gala estarán destinados a actividades desenvolvidas por AFAGA para persoas con alzhéimer, as súas familias e persoas coidadoras

17/02/2020 | Vigo

A V Gala Solidaria ‘Non te esquezas de rir’, celebrada o pasado domingo 9 de febreiro no Auditorio do Teatro Afundación en Vigo, reuniu a unhas 400 persoas que pudieron disfrutar dunha noite chea de risas.

O evento, organizado por AFAGA Alzheimer, contou coa participación dos cómicos Marcos Pereiro, Pepo Suevos e Federico Pérez e con Oswaldo Digón como maestro de cerimonias.

Foi unha tarde especial na que se reuniron familias, persoas coidadoras, persoas con demencias, traballadores de AFAGA e representantes das administracións locais, provincias e autonómicas. Ademais, tamén asistiron un gran número de espectadores que buscaban apoiar unha boa causa ao mesmo tempo que pasar unha tarde diferente e divertida.

A realización desta gala foi posible grazas á colaboración de Afundación, que cederon o espazo a AFAGA, e grazas aos monologuistas, que participaron nela de forma desinteresada. Os fondos que se recaudaron destinaranse a diversos programas que leva a cabo a asociación para as persoas con alzhéimer e para as súas familias ou persoas coidadoras.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAGA