FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Volve a Gala 'Non te esquezas de rir' de Afaga Alzhéimer

Terá lugar o 18 de setembro ás 19:00h no auditorio Afundación de Vigo

13/09/2022 | Vigo

Un ano máis Afaga Alzheimer organiza a Gala 'Non te esquezas de rir' para lembrarnos a todos e todas a importancia de ver a cara máis amable da vida  liberando endorfinas a través da risa.
 
Non te podes perder unha velada de gargalladas con grandes astristas  como Danny Boy-Rivera, Arantxa Treus, Xasmín Abuín e Denny Horror que quixeron solidarizarse co alzheimer participando así nunha das actividaeds estrela que ten preparada a asociación viguesa con motivo do Día Mundial do Alzheimer 2022.
 
A gala terá lugar no auditorio Afundación o 18 de setembro ás 19:00h. Non te esquezas de traer o teu mellor sorriso!
 
Entradas dispoñibles na sede de AFAGA e en Ataquilla.com.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAGA