FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Galicia en Común busca coñecer de preto as demencias nun encontro coa Federación Alzhéimer Galicia

Dende a Federación entregouselles un dossier e un documento de demandas, e falouselle da necesidade de implementar un Plan Autonómico de Demencias

 

10/07/2020

Durante a xornada de hoxe, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, presidente da Federación Alzhéimer Galicia, mantivo un encontro con Eva Solla, cabeza da lista de Galicia en Común pola provincia de Pontevedra nas elección ao Parlamento de Galicia.

Nesta reunión, Eva Solla buscou aproximarse á situación das persoas cunha demencia neurodexenerativa e as súas familias. Nesta liña, tratáronse diversos temas, como a situación actual na que se atopan e a necesidade de implementar urxentemente en Galicia un Plan Autonómico de Demencias que axude a marcar un camiño a seguir neste campo.

Por parte da Federación, entregouselle o dossier de presentación, no cal se atopa a súa historia e os programas que ten en desenvolvemento, e o documento de demandas para a mellora da calidade de vida das persoas con alzhéimer, as súas familias e as persoas coidadoras.

 

Arquivada en: