FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Afaber inicia os Grupos de Apoio a Familiares

Os grupos de apoio están destinados a coidadoras e coidadores ou persoas que desexen axudar e apoiar a familiares que estean abordando a enfermidade dalgún ser querido.

03/11/2021 | Carballo

AFABER retoma as reunións do Grupo de Apoio de Familiares de persoas afectadas pola enfermidade de Alzheímer ás 20:00 horas no local da asociación na Rúa Camelias, 2 – baixo.

Os grupos de apoio fomentan directamente a saúde e a redución do malestar psicolóxico e permiten aos familiares facer unha mellor valoración da súa propia situación grazas ao que lle ofrecen: recursos de afrontamento e de paliar emocións negativas, proporcionar maior sensación de control, aumento da autoestima e do estado de ánimo positivo, e permiten unha oportunidade de interacción social regularizada e de recibir feedback dos demais familiares. Poden acodir ao grupo de apoio calquera persoa interesada no mesmo ou quen desexe apoiar a familiares que sofren a enfermidade do Alzheimer.

As reunións do grupo de apoio estarán dirixidas pola psicóloga Lara Rodríguez de las Heras, non se realizaban dende marzo do 2020.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFABER