FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

A Fundación Ibercaja colabora con AFAOR

Esta axuda colabora a expandir o traballo de AFAOR no rural galego

28/06/2023 | Ourense

A Fundación Ibercaia, entidade altamente involucrada na promoción do benestar das persoas maiores e con discapacidade na provincia de Ourense desde hai 15 anos, mostrou recentemente o seu compromiso coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense – AFAOR, colaborando na Expansión do Programa de Estimulación Cognitiva para Enfermos de Alzhéimer no Rural Ourensán.
 
AFAOR, ao ser beneficiaria da convocatoria de axudas para este exercicio da Fundación Ibercaia de Proxectos Sociais, poderá continuar co seu labor de atención especializada a nivel provincial de colectivo afectado polos trastornos neurodexenerativos asociados á idade (tanto a pacientes, como a familiares e coidadores).
 

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias