Noticias 

Recollen as imaxes gañadoras do concurso de fotografía sobre alzhéimer de AFABER nun calendario

Ademais, a asociación retomará hoxe as reunións do Grupo de Apoio a Familiares de persoas afectadas

08/01/2020 | Carballo

Hai xa cinco anos que a Asociación de Familiares de Alzhéimer da comarca de Bergantiños (AFABER) comezou a realizar un concurso de fotografía sobre o alzhéimer para visibilizar a enfermidade. O obxectivo principal é poñer énfase no día a día das persoas afectadas e descatar a importancia das súas familias.

Despois de coñecer as tres imaxes gañadores da última edición do concurso, a asociación recolleunas nun calendario que repartiu entre os colaboradores da entidade, familias e usuarios dos programas e demais socios.

En total, realizáronse máis de 130 exemplares. Como podemos ver na fotografía, unha parte destes foron repartidos por Jesús Villar, presidente da asociación, aos traballadores dos postos do mercado municipal do concello de Carballo.

Ademais deste proxecto, a asociación retoma durante o día de hoxe as reunións do Grupo de Apoio a Familiares de persoas afectadas. Estes grupos fomentan directamente a saúde e a reducción do malestar psicolóxico, e permiten aos familiares facer una mellor valoración da súa propia situación ó mesmo tempo que teñen una oportunidade de interacción social regularizada.

Estas reunións estarán dirixidas pola psicóloga Lara Rodríguez de las Heras e realizaránse todos os primeiros mércores de cada mes ata xuño de 2020 ás 20:15 horas no local da asociación (Rúa Camelias, 2 – baixo).

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFABER