FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Preto de 90 alumnos e alumnas disfrutaron da segunda fase dos Talleres Divulgamente impulsados pola Fundación Barrié e FAGAL

Os días 8, 22 e 23 de febreiro profesionais das asociacións de AFACO e AFA Viveiro impartiron a charla "Sensibilización na aula" en centros educativos de A Coruña e Viveiro

26/02/2021

Alumnos e alumnas do CIFP Ánxel Casal CPR,  Tomás Barros (A Coruña) e  IES Maria Sarmiento (Viveiro) disfrutaron da segunda fase dos Talleres Divulgamente impulsados pola Fundación Barrié e a Federación Alzhéimer Galicia.

O obxectivo desta segunda fase chamada “Sensibilización na aula” é completar o coñecemento adquirido na primeira charla “Coñecer mellor o alzhéimer”. Nesta primeira toma de contacto o alumnado coñece o funcionamento do cerebro e como este se ve afectado cando comeza a manifestarse síntomas de deterioro cognitivo.  Ese coñecemento previo é fundamental para entender o traballo que realiza o equipo de profesionais das asociación galegas de alzhéimer coas persoas usuarias.

Deste xeito, Laura,  traballadora social de Afa Viveiro e Elena Viqueira, terapeuta ocupacional e psicóloga de AFACO compartiron con preto de 90 participantes información relacionada coa incidencia do alzhéimer na súa contorna, os servizos que ofertan para as persoas usuarias e as familias e os perfís profesionais que traballan nas asociacións entre outros temas.

Ambas traballadoras destacan a alta participación e a especial interese que o alumnado mostrou durante toda actividade, o que deixa entrever o postivo que pode resultar artellar actividades interxeracionais que fortalezcan vínculos entre diferentes xeracións e o mesmo tempo sirvan para sensibilizar sobre unha realidade que afecta en Galicia a preto de 70.000 persoas.

Agora tócalle o turno os centros IES Monte das Moas (A Coruña), IES Frei Martín Sarmiento, Sagrado Corazón, CIFP A Xunqueira  (Pontevedra) e o IES Aloya (Vigo) que celebrarán esta segunda fase durante o mes de marzo.

Para finalizar e para pechar o círculo, terá lugar a terceira fase “Visita a un centro de alzhéimer”  que ten como obxectivo fortalecer os vínculos interxeracionais e na que o alumnado poderá compartir alguna actividade coas persoas usuarias da asociación.

Arquivada en: