FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Aberto prazo de inscrición para participar nos Talleres Divulgamente

Este ano poderán participar centros educativos de A Coruña, Monforte e Ourense

15/09/2022 | A Coruña, Monforte y Ourense

Divulgamente é un proxecto de sensibilización interxeracional, impulsado pola Fundación Barrié e a Federación Alzhéimer Galicia, que ten como obxectivo mostrar dunha maneira próxima e dinámica que son as demencias, como afectan o cerebro e as diferentes demencias existentes, achegando aos máis novos a realidade desta doenza que afecta en Galicia a preto de 70.000 persoas.

A quen se dirixe?

A estudantes de Bacharelato e de FP da rama sociosanitaria das localidades de  A Coruña, Monforte e Ourense

Actividades incluídas en cada taller

1ª Charla divulgativa en formato en liña “Coñecer mellor o Alzhéimer”, impartida polo Doutor en Neurobiología e Investigador, Carlos Spuch, quen explicará, de forma dinámica e contextualizada na actual situación sanitaria e social, que son as demencias, por que se producen e cal é a diferenza entre os distintos tipos de demencias, entre outros temas.

2ª Xornada de sensibilización na aula na que profesionais da asociación de referencia na localidade acoden ao centro educativo a explicar as actividades, terapias e protocolos que se realizan desde as asociacións para atrasar o avance da enfermidade e mellorar a calidade de vida das persoas con alzhéimer e as súas familias.

3ª Na última actividade, o alumnado fará unha visita a un centro de día de Alzhéimer que lles permitirá ver e coñecer un centro especializado en demencias e as actividades que se realizan no mesmo, sendo partícipes das mesmas durante a visita.

A selección dos centros educativos participantes nos talleres realizarase por orde de inscrición a través do formulario habilitado nesta páxina. No caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles, estas seleccionaranse conforme ao criterio da Federación Alzhéimer Galicia.

INSCRICIÓNS

Prazo de solicitude: 13 de setembro ao 7 de outubro de 2022

Datas de actividade: outubro 2022 a decembro 2022

Arquivada en:
Que facemos? > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Para a mocidade > Rede paraugas interxeracional
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia