FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Coincidindo co 25 aniversario de Afaga co lema, 25 Anos ó Teu Carón, a asociación subliñou a figura da persoa coidadora no Dia Mundial do Alzheimer

Entre as actividades programadas destacou unha interesante conferencia sobre as demencias e todo o que debemos saber sobre elas.
 

27/09/2019 | Vigo

Con motivo do Día Mundial do Alzheimer e, coincidindo co 25 aniversario de Afaga Alzhéimer, a asociación baixo o lema "25 Anos o Teu Carón" quixo subliñar a figura da persoa coidadora.
 
Nos últimos anos produciuse unha evolución na realidade das enfermidades neurodexenerativas. O diagnóstico é cada vez máis temperán e o perfil da persoa enferma cambiou, tendo polo xeral un maior grao de autonomía, sendo conscientes da realidade que viven.
 
Ao mesmo tempo, evolucionaron tamén as contornas das persoas afectadas. As familias son máis pequenas e os seus membros teñen responsabilidades laborais. Neste sentido, Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga, insiste na necesidade de ser conscientes de que “hai que afrontar a atención ás persoas con demencia dunha forma mixta. É dicir, os coidadores familiares teñen que estar apoiados por profesionais que reforcen e especialicen ese coidado. Isto cada vez é máis importante, e se as administracións non toman partido ou non saben facerlle fronte, pode ter consecuencias moi negativas na nosa sociedade”
 
Por tanto, é tan necesaria a implicación social, que afortunadamente cada vez é maior, como a implicación dos responsables das políticas sociais.
Con estas reivindicacións como pano de fondo, dende AFAGA organizáronse varias actividades:
 

Relatorio: ‘Demencias. Todo o que debemos saber sobre elas’

  • Ponente: Arturo Vilches Moraga, médico xeriatra del Salford Royal NHS Foundation Trust. Reino Unido. Profesor na Facultade de Medicina. Universidade de Manchester.
  • Data e hora: Xoves, 19 de setembro, ás 19:30 horas.
  • Lugar: Auditorio Municipal de Concello de Vigo. Praza do Rei, 1.
O doutor Vilches Moraga deu resposta a varias cuestións como: É posible previr a deterioración cognitiva? Sabes que se pode atrasar a progresión das demencias? Quen son os responsables do pouco investimento en investigación e apoio a pacientes e coidadores?

Mesas informativas na zona peonil do Calvario, en Vigo (frente ó mercado)

Ademais de informar e asesorar, unha psicóloga realizou test de memoria gratuítos as persoas interesadas
  • Data e hora: 20 de setembro, desde as 10.30 ata as 14.00h
  • Lugar: O venres, 20 de setembro, desde as 10.30 ata as 14.00 horas
  • Doutra banda, houbo mesas informativas noutros puntos da provincia onde Afaga desenvolve talleres de estimulación: O Porriño, Tomiño, Redondela, Chapela y Tui.

Campaña de Difusión nos Mercados de Vigo

O sábado, 21 de setembro, Día Mundial do Alzhéimer, os comerciantes dos postos dos mercados de Progreso, As Travesas, Calvario, Teis, Bouzas e
Berbés levaban un mandil conmemorativo desta data e realizaron e actividades de difusión nestes centros.

Gala benéfica ‘O Alzheimer non se esquece’

  • Organizado de forma altruísta por un grupo de mozos e mozas sensibilizados coa enfermidade de Alzheimer e cuxa portavoz, Verónica Boullosa, propúxolles recadar fondos para a nosa asociación, Afaga
  • Fecha: 21 de setembro. Pola mañá, na Praza de América houbo actividades infantís e pola tarde, no IES Santa Irene tivo lugar un mercadillo solidario e un festival musical.

Día do Coidador

  • O domingo, 29 de setembro, realizamos unha andaina desde Valença a Tui polo Camiño Portugués. Despois haberá unha comida e realizarase unha visita cultural a Tui.
 

Arquivada en:
Que facemos? > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Para a sociedade comprometida > Día Mundial 2022
Inventario de recursos > > AFAGA