FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Boa acollida da presentación da campaña “La nueva cara del Alzheimer” organizada por CEAFA

Á presentación acudiu o Director Xeral de Maiores e Discapacidade, Ildefonso de la Campa, acompañado por Juan Carlos Rodríguez e Isabel Gey, Presidente e vicepresidenta de FAGAL respectivamente

 

07/10/2019 | Santiago de Compostela

Eran as 10:00h da mañá cando o autobús de CEAFA rotulado co lema “La nueva cara del Alzheimer” aparcaba no Parque da Alameda o pasado venres 4 de outubro, despois depasar por Salamanca e Valladolid, co obxectivo de  informar e sensibilizar os viandantes  da nova realidade da enfermidade de Alzheimer: novos perfís de persoas que a padecen, novos perfís de familias e os futuros retos que se plantexan e que debemos atallar, de maneira conxunta, todos os axentes implicados para xerar respostas eficaces para o presente e o futuro.
 
Juan Carlos Rodríguez,presidente da Federación, incidiu na necesidade de implementar un Plan transversal  de Demencias na nosa Comunidade Autónoma. Pola súa parte, o Director Xeral de Maiores e Discapacidade, manifestou a seu acordó para por en marcha medidas que axuden as persoas con alzhéimer, as súas familias e que se doten de recursos as asociacións de alzhéimer galegas que traballan día a día en prol dos dereitos das persoas afectadas. Ademáis avogou por unha maior coordinación das áreas social e sanitaria.
 
O autobús permaceu durante todo o día informando e sensibilizando a máis de 100 persoas. En canto os test de memoria tamén tiveron moi boa acollida chegando a realizalo a máis de 15 persoas.
 

Arquivada en: