Noticias
AFACO e o Concello de Cambre organizan talleres de estimulación cognitiva durante o verán
O centro sociocultural de A Barcala acolle as sesións en horario de mañá
31/07/2019
AFACO continua coas actividades na área metropolitana da Coruña durante o verán.
Os talleres están destinados a persoas maiores cunha deterioración cognitiva leve e serven tamén como actividades de respiro para as familias. As sesións realízanse os luns e mércores en horario de 11.00 a 13.00 horas no Centro Sociocultural da Barcala.
As persoas interesadas poden apuntarse contactando con Servizos Sociais Comunitarios no teléfono 981 654 812 ou no correo ser_sociales@cambre.org.
A concelleira de Benestar Social, destaca a importancia deste tipo de iniciativas, que "serven para atender tamén ás persoas que se atopan nun estadio incipiente da enfermidade".
O programa inclúe unha intervención global que non só diríxese ao área cognitiva, senón tamén ás funcións físicas.
AFACO retoma os seus talleres de estimulación cognitiva en Bergondo e Oleiros no mes de setembro.
Arquivada en: