Noticias
Visita do presidente e a vicepresidenta da Federación Alzhéimer Galicia as asociacións AFABER e AFAFES
A xunta directiva de AFABER e Jesús Mª Vilar Antelo, en calidade de presidente, foron os encargados de recibilos e mostrarlles as instalacións.
A xunta directiva de AFABER e Jesús Mª Vilar Antelo, en calidade de presidente, foron os encargados de recibilos e mostrarlles as instalacións.
29/08/2019 | Carballo
Este martes, o presidente e a vicepresidenta da Federación Alzhéimer Galicia, D. Juan Carlos Rodríguez Bernárdez e Dona Isabel Mª Isabel Gey Pérez visitaron por primeira vez a sede da Asociación de Familiares do Alzhéimer da Comarca de Bergantiños (AFABER).
A xunta directiva de AFABER e Jesús Mª Vilar Antelo, en calidade de presidente, foron os encargados de recibilos e mostrarlles as instalacións, ademais de intercambiar información sobre as distintas actividades que se realizan en ambas entidades.
Durante a visita puideron coñecer de primeira man a labor e as demandas de AFABER. Juan Carlos Rodríguez, presidente de FAGAL, valorou o traballo que a entidade realiza en toda a comarca e asegurou que AFABER conta cunha ampla experiencia na atención as demencias que xustifica e abala a necesidade dun novo centro de día para continuar atendendo o aumento da demanda actual.
Deste xeito, AFABER suma os apoios e a colaboración da Federación na súa proposta dun novo centro de día que reúna as condicións estruturais, acordes a calidade do servizo que xa ofrece a persoas afectadas por unha demencia.
Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFABER