FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Éxito de participación na III Andaina Solidaria de FAGAL

Este sábado 14 de setembro tivo lugar o acto central polo Día Mundial do Alzhéimer cunha acollida excepcional, máis de 200 persoas recorreron as rúas da cidade compostelá para sensibilizar sobre o alzhéimer
 

18/09/2019 | Santiago de Compostela

Como novidade este ano a de formar parte do proxecto #OteuXacobeo impulsado pola Xunta de Galicia que ten como obxectivo promocionar o Xacobeo 2021.
 
Eran as 10.30h do sábado cando centenares de persoas partían rumbo dende o Monte do Gozo ata o Parque de Bonaval, pasando pola Praza do Obradoiro.
A marcha, encabezada polo presidente da Federación Alzhéimer Galicia, Juan Carlos Rodríguez, o Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña e a Directora de Turismo de Galicia, Mª Nava Castro, dirixiuse polas rúas da cidade compostelá para visibilizar e sensibilizar a poboación sobre a enfermidade de alzhéimer.
Os representantes da Xunta resaltaron a importancia de por en marcha iniciativas desta índole que axudan a coñecer a labor que realizan as entidade sociais ás que a Xunta de Galicia brinda o seu apoio.
 
O alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, recepcionou a entrada no obradoiro das máis de 200 persoas que participaron na marcha deste ano.
Juan C. Rodríguez agradeceu a participación cidadá, e o compromiso das asociación galegas de alzhéimder de Galicia. Do mesmos xeito, recoñeceu a implicación das  autoridades nesta actividade, así como o apoio brindado en cada proxecto desenvolto pola Federación.
 

Arquivada en:
Que facemos? > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Para a sociedade comprometida > Día Mundial 2022