FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Éxito de participación no curso Xuntos nos Coidados impartido por AFAPO en Moraña

38 persoas coidadoras participaron no curso posto en marcha por AFAPO

12/12/2019 | Moraña

A semana pasada AFAPO remataba o curso de Xuntos nos Coidados na localidade de Moraña cunha moi boa acollida por parte dos veciños e veciñas. Este curso ten como finalidade dotar de ferramentas ós coidadores e coidadoras de persoas cunha  demencia neurodexenerativa. Ademáis de afondar na propia enfermidade e no manexo da persoa afectada, dedícase tempo á importancia do autocoidado da persoa coidadora para evitar a sobrecarga.

Un total de 38 persoas asistiron á formación impartida por AFAPO gracias o Convenio firmado entre a Consellería de Política Social e a Federación Alzhéimer Galicia.

Dende AFAPO queren agradecer ás persoas participantes e á Federación Alzhéimer Galicia pola opotunidade de realizar un curso tan necesario para as familias.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAPO