FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFALU formou parte das I Xornadas de Traballo: Atención Sociosanitaria ás Persoas Maiores

A este encontro asistiron diferentes profesionais e representantes das principais institucións, e realizáronse varias mesas redondas

03/02/2020 | Lugo

AFALU participou na primeira edición das Xornadas de Traballo: Atención sociosanitaria ás Persoas Maiores. Este encontro, que se celebrou a pasada fin de semana en Lugo, contou con diferentes profesionais e representantes das principais institucións que falaron sobre a atención sociosanitaria a persoas maiores.

Deste xeito, realizáronse diversas mesas redondas nas que se trataron temas coma as síndromes xeriátricas, a soidade das persoas maiores ou como abordar o envellecemento activo. Maitane Fernández, traballadora social de AFALU, colaborou cunha ponencia na mesa de traballo sobre as grandes síndromes xeriátricas en persoas maiores.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFALU