FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Valdoviño leva a cabo terapias para persoas con alzhéimer guiadas por AFAL

As sesións, que comezarán esta semana, celebraranse os mércores e os xoves de 18:00 a 20:00 horas. A inscripción aínda está aberta.

12/02/2020 | Valdoviño

O Concello de Valdoviño, municipio solidario co alzhéimer, levará a cabo terapias específicas para persoas con alzhéimer a partir desta semana. Alberto González, alcalde do concello, indicou que o obxectivo dos talleres é mellorar a atención da veciñanza que padece esta enfermidade, buscando ao mesmo tempo un respiro familiar para as persoas coidadoras.

As terapias están dirixidas a persoas con alzhéimer e outras demencias que se atopen nunha fase inicial ou moderada e centraranse en traballar as súas capacidades a través da estimulación cognitiva.

Os talleres celebraranse os mércores e os xoves, de 18:00 a 20:00 horas, no local da Asociación A Frouxeira (moi próximo ao centro de saúde e a Casa da Cultura) e estarán guiados por AFAL Ferrolterra.

A inscripción está aberta no departamento municipal de Servizos Sociais (tanto na planta baixa da casa consistorial coma no teléfono 981 48 70 41 extensión 5) e na asociación Afal (981 37 06 92).

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAL Ferrolterra