AFABER levará a cabo unha charla informativa sobre as demencias en Entrecruces (Carballo)
Terá lugar o xoves 27 de febreiro ás 19:30 horas e buscará informar sobre as demencias e sobre a actividade da asociación no rural
O vindeiro xoves, 27 de febreiro, AFABER levará a cabo unha charla informativa sobre demencias na Casa das Escolas de Entrecruces (Carballo).
Esta charla, que foi solicitada pola Asociación cultural e veciñal Fonte Salgueira, ten como obxectivo principal informar sobre o alzhéimer e outras demencias. Ademais, tamén se falará do traballo que leva a cabo AFABER ao fomentar o apoio ás demencias no medio rural.
Terá lugar ás 19:30 horas e estará aberta á poboación xeral e, en especial, a las familias de persoas con demencia. Patricia Vilar, psicóloga e animadora sociocultural, e Beatriz Crespo Rilo, terapeuta ocupacional de AFABER, serán as encargadas de dirixir a charla.