FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFAGA Alzhéimer convoca a VI edición do concurso de relatos curtos “Nun recuncho da memoria”

A temática xirará arredor da enfermidade de Alzheimer e o illamento e os relatos, que poderán estar tanto en galego como en castelán, poderán presentarse ata o 15 de maio

 

03/04/2020 | Vigo

AFAGA leva a cabo a sexta edición de “Nun recuncho da memoria”, un certame de relatos curtos sobre o alzhéimer e outras demencias. O concurso está dirixido ás persoas coidadoras e ás familias de persoas con alzhéimer, ademais de todas aquelas que estean sensibilizadas coa doenza.

Debido á situación na que nos atopamos, a temática desta edición xirará sobre o envellecemento e o illamento, a enfermidade de Alzheimer e outras demencias como patoloxías que illan ás persoas que as padecen, ou as relación sociais e familiares na crise que estamos a vivir.

Os relatos, que poderán estar escritos tanto en lingua castelá coma en lingua galega, deberán ter unha extensión mínima dun folio e medio e máxima de tres.

O prazo de presentación rematará o 15 de maio. A persoa gañadora poderá elexir o seu premio entre tres opcións: unha Tablet Samsung Galaxy, un Smartwatch ou un eBook.

Máis información e bases en: https://afaga.com/gl/vi-edicion-del-concurso-de-relatos-cortos-en-un-rincon-de-la-memoria/

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAGA