Noticias
Afapo pon en marcha o servizo de estimulación e apoio psicolóxico durante o confinamento
Exercicios de estimulación cognitiva e rehabilitación fisioterapéutica son algúns dos servizos que está a ofrecer AFAPO durante estes días
30/04/2020 | Pontevedra
A nova realidade obliga a todas as persoas a restructurar a súa actividad, eso mesmo fixo AFAPO para seguir brindando unha atención de calidade as persoas usuarias dos seus centros e as persoas coidadoras. O persoal técnico da asociación fai chegar ao domicilio os exercicios de estimulación cognitiva, alí realízano cos seus familiares ou con profesionais da asociación. Este servizo está dispoñible todos os días da semana para todas as persoas usuarias que así o soliciten á asociación a través do número: 986 16 04 42
Ademais de facilitar material para traballar a estimulación cognitiva ofrecen sesións de fisioterapia un día á semana para evitar futuros problemas e fomentar a realización de exercicios de mobilidade co principal obxectivo de evitar a perda de mobilidade nas súas articulacións tras este longo período de estado de alarma que estamos a vivir debido ao Covid_19.
Tanto familias como persoas usuarias móstranse agradecidas polo apoio recibido.
Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAPO