FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFAGA Alzhéimer e o Colexio CEIP Atín – Cela Mos inician un proxecto interxeracional baseado no envío de cartas

O proxecto, Atinando Recordos, pon en contacto ás persoas con demencia de AFAGA e ó alumnado do colexio, e busca estreitar os lazos de unión entre elxs e fomentar o cariño e o respecto

 

22/05/2020 | Vigo

AFAGA Alzhéimer e o Colexio CEIP Atín – Cela Mos veñen de poñer en marcha o proxecto interxeracional 'Atinando Recordos', que busca fomentar a estimulación cognitiva das persoas con alzhéimer e outras demencias e estreitar os lazos de unión entre xs máis pequenxs da casa e xs nosxs maiores a través do envío de cartas.

As persoas usuarias de AFAGA que participan no proxecto son as que están recibindo estimulación a domicilio na actualidade, xa que os centros seguen pechados. Cada persoa participante ten asignado un alumno ou alumna do colexio Atín – Cela Mos co que se envían cartas periodicamente, habendo unha continuidade na historia que permite mellorar os resultados a nivel terapéutico e fomentar valores como o respecto e o cariño.

O envío destas cartas realízase a través da persoa auxiliar que acode ós domicilios a realizar os exercicios de estimulación cognitiva cxs usuarixs de AFAGA. Deste xeito, traballa con elxs na redacción da carta e faina chegar, de forma online, ó profesorado do colexio, que á súa vez lla entregan ó alumnado, e viceversa.

A traballadora social de AFAGA e coordinadora deste proxecto, Diana Rodríguez, indica que “a través das cartas, as persoas maiores esfórzanse por atopar na súa memoria eses recordos pasados, esas anécdotas, os xogos, as tradición, para poder contarllas ó seu alumno ou alumna. Así traballan a memoria e sérvelles de estimunlación cognitiva e funcional, xa que son eles mesmos quen escriben as cartas a man”.

Pola súa parte, Joana Pereiro, profesora de sexto de Primaria e responsable do proxecto por parte do CEIP, sinala que a finalidade é “poñer en valor ós nosos maiores, facendo que os alumnos se interesen por coñecer o seu pasado, acercándoos así ás nosas tradición. Os menos poderán aprender como xogaban antiguamente, como era a ensinanza, as festas, incluso a súa propia aldea. Cremos que é importante unir a estas dúas xeracións, e xa que o momento acutal nos obrigou a distanciarnos físicamente, esta é unha forma de poder acercalos. Ademais, con este proxecto poñemos en marcha unha costume cada vez máis en desuso, comunicarse por carta, a emoción de escribilas e recibilas”.

Ademais, o proxecto non só quedará no intercambio de cartas, senon que todas as anécdotas, xogos e tradición quedarán recopiladas nun libro que amosará a cultura popular contada por ambas partes.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAGA