FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Lanzamento dunha nova páxina web máis funcional e estética de AGADEA

Esta web diríxese ás persoas que se achegan por primeira vez á entidade e ás familias que demandan información de actividades

23/07/2020 | Santiago

AGADEA renova a súa imaxe comunicativa cunha nova páxina web baixo o dominio www.agadea.org. Trátase dunha web moito máis funcional e estética, na que a entidade busca adaptarse ás cambiantes realidades comunicativas.

Esta páxina está dirixida ás persoas que se achegan por primeira vez á entidade e que buscan actividades de prevención e envellecemento activo, persoas que acaban de ser diagnosticadas de demencia e familias usuarias que demandan información de horarios, actividades ou excursión. Por último, tamén busca sensibilizar á sociedade cun apartado concreto sobre eventos.

Neste proceso de renovación incluíronse dous novos apartados: unha aula virtual para a organización de cursos online e unha pasarela virtual que facilita a participación en andainas, a xesión do voluntariado, de doacións… Ademais, tamén recolle todas as memorias, boletíns, rexistros sanitarios, estatutos e documentación sobre a entidade, potenciando desta forma o apartado de Transparencia.

Está creada para dar prioridade á consulta de información dende dispositivos móbiles, segundo as demandas de usabilidade actuais, e o xestor de contidos está basado en software libre. 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AGADEA