FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFAPO comeza a camiñar cara a normalidade coa reapertura do seu centro de día

Aínda que xa se levaban a cabo terapias individuais, esta semana comezaron a traballar en grupos reducidos

23/07/2020 | Pontevedra

Esta semana AFAPO reabriu de novo as portas do seu centro de día, no que de momento contan cun número reducido de persoas usuarias separadas en dous grupos.

Aínda que a pasada semana xa se comezaron a facer terapias individuais no centro de día, agora xa se levan a cabo exercicios en grupos, aos que se irán incorporando máis compañeirxs nas próximas semanas.

Tendo en conta a situación actual xerada pola COVID e buscando a seguridade das persoas traballadoras, usuarias e familias, incorpóranse controis de temperatura, saturación de osíxeno, xel hidroalcohólico, alfombras de desinfección á entrada e á saída do centro e empréganse todos os equipos de protección recomendados polas autoridades sanitarias.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAGA