FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFAGA celebrou o Día Mundial do Alzhéimer cunha serie de actos na cidade de Vigo

A Coral Casablanca realizou un concerto na súa honra, colocáronse mesas informativas pola cidade e tivo lugar a conferencia 'Covid e persoas con alzhéimer: consecuencias da pandemia'

18/09/2020 | Vigo

O 21 de setembro celebrouse o Día Mundial do Alzhéimer e, para celebrar dita data, AFAGA Alzhéimer levaron a cabo tres actividades distintas durante estes días.

En primeiro lugar, o venres 19 tivo lugar o concerto da Coral Casablanca en favor da asociación viguesa. Celebrouse no Real Club Náutico de Vigo, estivo subvencionado polo Concello de Vigo e contou cun aforo de 50 persoas.

O martes 21, dende as 10:30 ata as 14:00 horas, colocáronse mesas informativas na zona peatonal do Calvario, fronte o mercado e en Plaza de América.

Por último, o 22 de setembro tivo lugar a conferencia ‘Covid y personas con alzhéimer: consecuencias de la pandemia’, que foi ás 19:30 horas no Auditorio do Concello de Vigo. A esta charla asistiron Mª José Moreno, neuróloga do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e Águeda Rojo, coordinadora da Unidade de Psicoxeriatría da Área Sanitaria de Vigo. 

Ademais, o pasado luns 14 tivo lugar a entrega de premios aos gañadores da VI Edición do concurso de relatos curtos sobre alzhéimer ‘Nun recuncho da memoria’. O acto tivo lugar na sede de Vigo da Deputación de Pontevedra e estivo prediddo polo deputado Carlos López Font e polo presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez.

As persoas premiadas foron Javier García Bello, co relato ‘Avoíño’, e Valeria Rey Maldonado, co relato ‘Memorias para oler’.  O primeiro puido asistir á entrega de premios pero a segunda non, polo que enviou un vídeo de agradecemento.

Aproveitando a ocasión, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez lembrou que “son momentos moi complicados para as persoas con alzhéimer e para as súas familias e non podemos esquecer que están aí e que necesitan todo o apoio sanitario e social para levar unha vida tranquila e o máis normalizada posible, por iso son imprescindibles os servizos intermedios como os talleres de estimulación e os programas de apoio a coidadores para levar mellor a nova normalidade”.

Pola súa banda, Carlos López Font, sinalou que estes premios son moi significativos, e que se trata dunha iniciativa “sobresaínte, que pon en valor a realidade que día a día viven moitas familias e o labor de coidadores e familiares a quen hai que recoñecer o seu traballo”. Tamén valorou o labor que realiza Afaga desde hai 25 anos, que “realiza un traballo imprescindible para a sociedade”. Resaltou que “hoxe é máis necesario que nunca o apoio das institucións aos colectivos máis vulnerables, como as persoas con demencia e as súas familias”.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAGA